Fachada do Obradoiro da Catedral. No anverso leva un texto manuscrito en francés.
Vista xeral da portada plateresca de dous corpos do edificio do Colexio Fonseca desde a rúa do Franco. No basamento do lateral esquerdo, aparece sentado un uxier con traxe e pucha.
Vista da fachada da Acibechería desde San Martiño Pinario, con dous viandantes nas escaleiras que lle dan acceso.
Pavillóns do Manicomio de Conxo
Retrato dunha muller burguesa vestida co `traxe de galega`. Leva a cabeza descuberta, co pano no pescozo. Vai vestida cun mantón de seda bordada sobre chaqueta de pano e un mantelo de veludo con agremán bordado sobre un refaixo. Nunha man leva un pano das mans branco e na outra un pequeno cesto con mazás
Vista xeral do casco vello desde Galeras.